13/10/2012

Canción contra o Plurigüísmo Valenciano

Un grolo por este precioso vídeo 


Igual que fixeron na Galiza están a facer en Valencia e logo, intentarano en Cataluña. Alí vano ter máis cru. Pois iso de Españolizar deste xeito ...Non sei como se pode vender o modelo galego cando é totalmente un fracaso. Cantos nenos falan o galego como lingua vehicular? Hai esperanzas de que aumenten con este modelo? Na nosa escola, como en moitas, non hai ninguèn, non o saben falar, non teñen ningunha soltura. Os poucos galego falantes ó chegar a escola, en menos de 3 meses xa comezan a escarallarse, porque hai moi pouca sensibilidade, ensínase unha materia en galego e logo nada máis, todo o que hai máis alá dunha clase de malamente 50 minutos, é en castelán.
Como se pode dignificar unha lingua desta maneira?

Por que atacan ó modelo catalán cando se está a demostrar que a inmersión lingüística nos primeiros anos garante perfectamente a convivencia nas dúas lingüas?


Queren que fagamos o que dicía un expresidente, falar a lingua materna na intimidade.
Dende logo da pena o que están a facer, e todo por decreto, sen ter o consenso de ninguén, agás eles. Son uns fenómenos.
 Letra da canción

:

Sem comentários:

Enviar um comentário